Un ano máis os Premios Literarios Minerva distribuíronse por toda a xeografía galega, confirmando o interese dos máis mozos pola nosa lingua e a nosa cultura.
Como dixo no peche do acto de entrega de premios D. Jorge Duarte, esperamos que nun futuro próximo vexamos algúns destes nomes asociados ás letras galegas, coma tantos premiados que lles precederon e que agora son ilustres da nosa literatura.
Moitas grazas a D. Xosé Ramón Pena, que coas súas preciosas verbas foi un mantedor excepcional, capaz de chegar aos nosos corazóns e remover as nosas conciencias Parabéns: Amaia, Cecilia, Iago, Alba, Laura, Ángela, Inés, Tamara, Nuria, Laura e a todos os que enviaron a súa obra por manter vivo este certame.
Grazas tamén a Luis Alonso Girgado, Luis Valle Regueiro, Diana Varela Puñal, Eduard Velasco, Mon Buhigas, Manuel Quintáns Suárez, Armando Requeixo Cuba, Xurxo Martínez González, Anxela Gracián, Alberto Muñiz Pascual e Teresa González da Silvia pola súa labor como xurado, que dignifica este certame literario.
PREMIOS:
MODALIDADE DE NARRACIÓN
1º Premio: Amaia Tomé, IES Francisco Aguiar de Betanzos
2º Premio: Cecilia Fidalgo Castromil. Colexio M. Pelteiro de Santiago
3º Premio: Iago González García, IES Eduardo Blanco Amor de Ourense
1º Accésit: Alba Pérez Barcala, IES de Cacheiras
2º Accésit: Laura Regueiro Romero, Colexio M. Peleteiro de Santiago
3º Accésit: Ángela Lamas Gómez, Colexio Os Sauces de Pontevedra
MODALIDADE DE POESÍA
1º Premio: Iago González García. IES Eduardo Blanco Amor de Ourense
2º Premio: Inés Outumuro Rodríguez, IES Eduardo Blanco Amor de Ourense
3º Premio: Tamara Fernández Labrada, IES da Terra Chá de Castro de Rei
1º Accésit: Laura Regueiro Romero, Colexio M. Peleteiro de Santiago
2º Accésit: Nuria Fernández Robledo, IES Eduardo Blanco Amor de Ourense
3º Accésit: Laura Dauzón Otero, IES Ribeira do Louro de Porriño
Como ven sendo habitual, ademáis da dotación económica dos premios, os agraciados poderán disfrutar das súas obras impresas nunha edición anual creada para tal efecto. Moitas grazas a todos os participantes, que son os que dan sentido a este certame. Ánimo a todos aqueles que non alcanzaron a categoría de premiado pero posúen unha vocación e un amor polas nosas letras. Seguide escribindo.



