Certames literario e científico impulsados pola Asociación de Nais e Pais

Como de costume, cada ano a Asociación de Nais e Pais do Colexio Peleteiro e do Centro de Educación Infantil Dolores Ramos promove diversos certames nos que participa o alumnado de Primaria e Secundaria. Neste curso, non foi para menos.

Con motivo do Días das Letras Galegas, este ano adicado a Francisco Fernández del Riego, a ANPAP organizou dous actos de entrega de premios do XLIII Certame Literario. Por unha banda, foron galardoados os traballos dos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e polo outro os de 1º e 2º da ESO, en ambos casos había dúas modalidades: poesía e prosa. Nestes actos non faltou a música e o folclore galego.

Compartimos as ligazóns dos vídeos:

Primaria

https://youtu.be/DyV_4nuzJDs

Secundaria

https://youtu.be/28XZSJaJmlc

Por outra banda, hoxe tivo lugar a entrega de premios do  VI Concurso científico, tamén impulsado pola AMPAP, para alumnos de 1º e 2º da ESO. A finalidade deste concurso é fomentar a creatividade dos alumnos e a súa curiosidade polo mundo das ciencias, a través do diseño e a defensa dun proxecto científico.Os traballos realizáronse como reforzo das materias de Ciencias e Física e Química, seleccionando as seguintes temáticas:

1º de ESO: Casa bioclimática

2º de ESO: Tipos de enerxías renovables e non renovables

Sen dúbida, dúas iniciativas coas que os rapaces implícanse e desfrutan creando, sexa no ámbito científico coma no literario, ao mesmo tempo que aprenden. Resultaron gañadores os seguintes equipos:

1º de ESO

  • Primeiro clasificado: Carlos Torres, Brais Señarís, Lucas Carrero e Jorge Daviña.
  • Segundo clasificado: Jesús Rey, Alexia Naranjo, Laura Gago e Jimena García.
  • Terceiro clasificado: Raúl Bouzón, Miguel Fernández, Iria Seoane e Juan Vazquez.

  • 2º de ESO

    • Primeiro clasificado: Irene Cuéllar Rey, Alma García Cruz, Candela Mille Campos e Clara Regueira Rodríguez.
    • Segundo clasificado: Manuel Fernández Rey, Carmen Ayaso Torres, Mario Sanz Nieto e Javier López San José.
    • Terceiro clasificado: Álvaro Domínguez Cigarrán, Lucas González Vila e Antón Vázquez Castro.

  • ¡Parabéns a todos eles!