O futuro e xa presente das nosas letras da man dos gañadores dos Premios Minerva

O Colexio M. Peleteiro acolleu esta tarde a entrega dos Premios Literarios Minerva, na súa edición número 53. No salón de actos déronse cita autoridades, membros directivos do colexio e da organización do certame, os galardoados, familiares, unha representación dos centros educativos premiados e alumnos do Colexio Peleteiro. O acto estivo presentado por un estudante de 2º de Bacharelato, quen deu a benvida e dirixiu a entrega de premios.

A mantedora Helena Villar Janeiro falou da arte literaria e das distintas interpretacións dunha lectura ou dun poema: “A arte literaria non remata mentres alguén non a interpreta. Escribir e ler, ler e escribir, son os dous vértices entre os que se move a literatura”, e animou aos mozos e mozas a alimentarse de literatura de calidade. “Lede a grandes figuras da nosa literatura, aquela que xa na Idade Media abraiou ao mundo”, nomeando a Rosalía de Castro ou Álvaro Cunqueiro, entre outros.

A continuación, os rapaces galardoados, que foron en total 12 de distintos colexios e institutos de toda Galicia (6 premios en Poesía e 6 en Narración), foron subindo ao estrado para recoller o seu diploma, premio económico e a medalla conmemorativa do certame. Ademais, tiveron a oportunidade de amosar anacos da súa obra, cada un deles leu un pequeno fragmento elixido previamente, logo do que recibiron o recoñecemento do público. O director Luís Peleteiro quixo agradecer ós premiados a súa participación e aos centros educativos a difusión que fan do certame; ademais do apoio coa súa presenza ás autoridades.

A concelleira de Educación, Míriam Louzao, falou da prestixiosa historia dos Minerva e dos seus galardoados. Felicitou aos rapaces por entrar a formar parte desa relación de nomes, un grupo brillante -dixo-, e nomeou a Neira Cruz, Xesús Rábade, etc. Ademais, sinalou que gañar é un triunfo pero non gañar tamén é unha nova oportunidade para volver a intentalo: “Os Minerva cumpren xa o seu obxectivo no momento que animan a escribir”, e rematou cunha frase de Berta Dávila (que foi gañadora dos Minerva en edicións pasadas), “trátase de escribir o que che fai feliz” e por iso Míriam Louzao animou aos rapaces a seguir esa recomendación, “para ser felices e dar felicidade a quen vos lea”.

A clausura correu a cargo de Valentín García, secretario xeral da Lingua, quen fixo referencia a importancia de recibir este premio. “Sodes a xeración máis formada, con máis información e hai moi poucos premios literarios no mundo que teñan a certeza de continuar 53 anos. O Premio Minerva é unha marca, unha identidade. Trátase da Minerva compostelana, e a do Colexio Peleteiro”, tamén dixo que sempre levarán no seu currículo este premio o que implica a súa calidade humana. E engadiu Valentín  García que “nada do humano vos pode ser alleo. Estaredes o día de mañá nas facultades e alí teredes moitas oportunidades de medrar, pero non esquezades de onde vides, non esquezades a cultura galega e da lingua galega”.

Rematou destacando a capacidade de reflexión e de poder comunicar e a forma analítica de ver o mundo que teñen os mozos e mozas, que “nos sorprenden como escriben, como len, que leva consigo o que eles experimentan” e por iso, temos que ter na cabeza o futuro da nosa cultura, “temos en vos a nosa esperanza. Seguide escribindo e creando que os anos vindeiros terán moito que contar de vos”, rematou o secretario xeral da Lingua.

Grabación do acto: https://youtu.be/PiuQTWM5sEU

Premiados: https://peleteiro.com/anton-fernandez-e-lucia-dominguez-son-os-ganadores-dos-premios-literarios-minerva/

Agresiones al pueblo judío

Marta Arce, César Fernández y Gonzalo Rodríguez de 1º de Bachillerato Recientemente, en la clase de Historia Contemporánea de 1º de Bachillerato, tuvimos la suerte de asistir a una charla

Campamentos de verano en Peleteiro

Os informamos de los campamentos que llevará a cabo el Colegio este verano: CAMPUS DE BALONCESTO (junio) – Educación Primaria y Secundaria La ADM Peleteiro organiza la XXXII edición del