Actualidad

Actualidad

Actualidad

10/12/2013

O alcalde de Santiago recibe á ADM Peleteiro para recoñer os seus éxitos

  O pasado mércores 4 de decembro Adrán Varela, Concelleiro de Deportes, agardaba á expedición do ADM Peleteiro na Praza do Obradoiro. Xa no interior do Pazo de Raxoi o Alcalde, Ángel Currás, e os representantes da oposición, Francisco Reyes e Gonzalo Muiños, recibiron á delegación colexial no Salón Vermello. Abriu o Acto o Coordinador Xeral de baloncesto da ADM Peleteiro D. Luís Rilo, quen presentou ao Alcalde os demáis membros da corporación, os catro equipos que representaban á sección de baloncesto e aos seus adestradores. Tamén aproveitou para lembrar o 40 aniversario da Asociación e ofreceu á cidade o seu labor en prol da educación deportiva.


 A continuación tomou a palabra D. Ángel Currás, que agradeceu a visita e animou aos nosos xogadores a seguir facendo deporte, a comprometerse co seu adestramento e, con sorte, integrarse no primeiro equipo da cidade (o Obradoiro CAB). Aproveitou a ocasión para defender a necesidade dun equipo feminino de baloncesto na cidade, e dar saída deste xeito as aspiracións das nosas xogadoras. 

 Pola súa parte D. Luis Peleteiro, Director do Colexio, subliñuo a necesidade de respectar sempre ao contrincante e competir observando o espírito deportivo. Salientou os valores que se transmiten a través do deporte e animou á ADM Peleteiro a seguir co seu labor formativo. Antes da fotografía de grupo, houbo un intercambio de agasallos no que o Colexio ofreceu a nosa Minerva, deseñada por Sargadelos, e o Concello correspondeu cunha lámina da cidade.

Tamén participaron no Acto:

 Manuel Vidal. Presidente da ADM Peleteiro
 Enrique Martínez. Tesoureiro da ADM Peleteiro
 Ana Martínez e David Pérez, representantes da Área Deportiva da Asociación.
 Lito García, Carlos Trías, Víctor Fernández, David Cutrín e Fernando Vicario. Adestradores
 O Peleteiro A Mini feminino, actual subcampión de Copa Galicia mini
 O Peleteiro A Cadete feminino, recente campión da Copa Galicia
 O equipo Infantil masculino, campión galego de liga de 1ª División da temporada 2012-13, que participou no Campionato de España Infantil de Clubs en Guadalaxara en xuño de 2013
 O equipo Cadete feminino, na súa calidade de subcampión de liga e en recoñecemento á súa participación no Campionato de España de Clubs en Guadalaxara en maio de 2013, onde obtivo a décima posición