Actualidad

Actualidad

Actualidad

01/12/2021

Os rapaces de 4º de ESO de TIC exploran os mundos virtuais

Os alumnos de 4º de ESO de TIC están a realizar actividades sobre realidade aumentada e virtual, dentro do programa D'tec "Mundos Virtuais". A iniciativa foi impulsada pola Axencia Galega de Innovación a través de los CIS Tecnoloxía e Deseño para o fomento das vocacións científico- tecnolóxicas. Este ano en concreto o proxecto escolar leva por nome: Explorando os mundos virtuais.

Trátase dunha aposta pola creatividade e a enxeñería. A través das actividades propostas, o alumnado adentrarase no desenvolvemento de contidos de Realidade Aumentada (AR) e Realidade Virtual (VR), pasando de ser consumidores a creadores. No caso do alumnado do Colexio Peleteiro, estivo guiado polas profesoras de Tecnoloxía Elena Poncela e María Cives, aínda que tamén tiveron a oportunidade de participar outros traballadores do colexio.

Dende a Axencia Galega de Innovación proporcionaron as clases un kit de materiais que incluíu licenzas de programas, lentes VR para integrar os móbiles, Merge Cubes e camisetas con láminas de transferencia para realizar un proxecto final innovador. 

¿Qué están a facer?

Os rapaces nas primeiras sesións recibiron información, unha breve introducción, sobre a Realidade Aumentada e a Realidade Virtual. Tamén comezaron a usar as aplicacións e coñeceron as posibilidades que ofrecen en ámbitos tan distintos como a educación ou as tatuaxes. Ademais realizaron imaxes e vídeos 360, e utilizando Metaverse vanse a crear pequenas aplicacións que permiten facer as primeiras creacións de realidade aumentada, analizando tamén a súa utilidade. Outras actividades que contempla o programa son as seguintes: iniciación á creación de contidos AR e VR con Cospaces, partindo de imaxes recollidas anteriormente; e realizarán o seu primeiro proxecto aumentado, para finalizar a actividade crearán un contido seguindo as normas marcadas nun reto grupal.